II - Desemprego
2.1 - Normativa Básica do Desemprego en Galicia
78
2.2. NORMATIVA BÁSICA PARA TRABALLADORES E TRABALLADORAS TRANSNACIONAIS
Como na maioría das prestacións, a primeira regra que establece o Regulamento refírese á totalización dos períodos de seguro ó emprego, conforme a cal a institución que teña que recoñecer as prestacións ha ter en conta, sempre e cando sexa necesario, os períodos cubertos como traballador por conta allea baixo a lexislación de calquera outro Estado coma se os cubrira alí (Rgto. CE 1408/1971 art.67.1; TSX Cataluña 17 de maio de 2000, AS2705).
Agora ben, establécese un requisito adicional xa que é necesario ter cuberto, no último lugar, algún período de aseguramento no Estado onde van ser solicitadas as prestacións. (Rgto. CE/1408/1971, art.67.3; TXCE 20 de febreiro de 1997, asunto Martínez Losada e outros).
Respecto ó gozo das prestacións, a finalidade da normativa comunitaria é garantirlle ó traballador migrante a percepción das prestacións por desemprego nas condicións máis favorables mentres busca un novo traballo (TXCE 15 de marzo de 2001, asunto De Laat).
¿Pode unha persoa desempregadas desprazarse a outro país da UE para buscar emprego?
¿ Cales son os requisitos para poder desprazarse?
¿Quen ten que lles pagar as prestacións ás persoas desempregadas cando se trasladan?
¿É posible elixir o lugar de concesión da prestación por desemprego?
¿Que ocorre cando o desempregado incumpre as súas obrigas?