¿Quen ten que lles pagar as prestacións ás persoas desempregadas cando se trasladan?
As prestacións debe pagalas a institución de cada un dos Estados a onde o desempregado se trasladou en busca dunha nova colocación; a institución do país competente está obrigada a reembolsar o importe das prestacións anticipadas por esoutro Estado (Rgto. CE/1408/1971, art.70.1).
Se a persoa desprazada regresa ó país competente antes de rematar o prazo anterior, debe seguir percibindo as prestacións conforme a lexislación do dito Estado membro; en cambio, perde todo dereito se non retorna antes da expiración de tal período. Esta regra so é aplicable se non atopa outro emprego no país ó cal marchou desprazado, pois en tal suposto este convértese no Estado do último emprego e, polo tanto, responsable das prestacións (Rgto. CE/1408/1971, art. 69.2; TXCE 28 de abril de 1988, asunto Vanhaeren).
|