II - Desemprego
2.1 - Normativa Básica do Desemprego en Galicia
77


2.1.1. Nivel Asistencial. Subsidio por Desemprego

¿Que persoas traballadoras teñen dereito ó subsidio por desemprego?
– As que esgotaran a prestación contributiva por desemprego e teñan responsabilidades familiares
– As maiores de 45 anos que esgotaran a prestación por desemprego, de polo menos doce meses, e sen responsabilidades familiares
– As emigrantes retornadas
– As que ó se producir a situación legal de desemprego non teñan cuberto o período mínimo de cotización para accederen á prestación contributiva
– As declaradas plenamente capaces ou inválidas parciais por melloría de grande invalidez, invalidez permanente absoluta ou total
– Subsidio especial para traballadores maiores de 45 anos que esgotaran unha prestación por desemprego de vinte e catro meses
– Subsidio por desemprego para traballadores maiores de 52 anos