II - Desemprego
2.1 - Normativa Básica do Desemprego en Galicia
80

¿ Cales son os requisitos para poder desprazarse?
– Con anterioridade a súa marcha, o traballador ou traballadora debe figurar inscrito como demandante de emprego nos servizos correspondentes polo menos durante catro semanas des que comeza a percibir a prestación, salvo que as institucións administrativas competentes autoricen o desprazamento antes de rematar tal prazo (Rgto. CE/1408/1971, art. 69.1.a).
– É obrigatorio inscribirse como solicitante de emprego nos servizos competentes do país de recepción e someterse ó seu control (Rgto. CE/1408/1971, art.69.1.b).
– A conservación do dereito ás prestacións esténdese, como máximo, durante un período de tres meses que computa dende a data en que o beneficiario deixa de estar a disposición dos servizos de emprego do Estado de procedencia, ou o tempo que lle reste de duración da prestación conforme a lexislación do dito Estado, se esta é inferior ó lapso de tempo sinalado (Rgto. CE/1408/1971, art.69.1.c).
– Débese solicitar á institución do Estado competente o correspondente certificado no cal esta certifique que continúa tendo dereito ás prestacións (formulario E303) e presentalo perante os servizos de emprego do lugar ó cal se despraza, se ben, cando o desempregado non o presente, as entidades xestoras deste último país poden solicitar ese documento da institución competente (Rgto. CE/1408/1971, art. 83).