V. A BUSCA DE EMPREGO EN EUROPA | ![]() ![]() |
5.3. RECURSOS E FERRAMENTAS PARA A BUSCA DE EMPREGO | ![]() ![]() |
![]() ![]() |
|
Onde buscar emprego Visitar o portal de EURES en: http://europa.eu.int/eures . Aqui, é posible acceder a informacións moi diversas relacionadas coas condicións de vida do país o que se pretende ir, así como consultar unha ampla base de datos con ofertas de emprego. Este portal permite, tamén, que a/o candidata/o divulgue o seu curricumum vitae a potenciais empregadoras/es; Contactar cun servicio de emprego da área de residencia, debendo despois falar cun Conselleiro EURES que ademáis de mostrar as ofertas dispoñibles na Rede EURES facilitará un conxunto de informacións relacionadas coa mobilidade profesional. Do mesmo xeito que acontece no país de residencia, é sempre unha boa idea facer unha pesquisa dos anuncios de ofertas en xornais do país ó que se quere ir. Sobretodo para traballadoras/es con cualificación universitaria, recoméndase visitar páxinas web de publicacións especializadas. Á semellanza do que acontece en Galicia e Portugal, en todo o espacio europeo proliferan empresas de recrutamento (incluso on-line), polo que son unha fonte a considerar. Con este obxectivo, recomendamos a seguinte páxina web: http://www.eurojobs.com/ . A candidatura espontánea é, igualmente, unha forma de atopar emprego. Aínda que esa tarefa resulta máis doada no país de orixe, dado que existe un coñecemento máis profundo do tecido empresarial, sen embargo no que concerne a candidaturas para outros países pode igualmente funcionar no caso de empresas multinacionais, unha vez que hai un coñecemento previo da sua existencia. No caso de candidatas/os con formación universtiaria, existe a posibilidade de recurrir a servicios facilitados polas universidades de referencia (servicios/gabinetes de apoio á inserción profesional), gracias ás experiencias que as universidades teñen no que concerne ó intercambio de alumnas/os e profesionais e o establecemento de redes de inforamción. |
|