V. A BUSCA DE EMPREGO EN EUROPA
5.3. RECURSOS E FERRAMENTAS PARA A BUSCA DE EMPREGO
206

5.3.2 Emprego en Europa – sector privado

Polo que xa se dixo anteriormente, as ofertas de emprego para os servicios da Unión Europea están amplamente divulgadas, a través das respectivas páxinas de Internet. Queda, pois, saber cal e a mellor forma de aceder ás ofertas de emprego convencionais, ou sexa, aquelas que poñen a disposición as empresas situadas non só no espacio da Unión senón tamén no EEE (Espacio Económico Europeo).

Procede afirmar que os axentes e as ferramentas empregadas para atopar emprego en Europa son en todo idénticas ó caso de Galicia e Portugal. Insertar un anuncio nun xornal ofrecendo os seus servicios, buscar ofertas divulgadas polo mesmo medio ou facer unha candidatura espontánea son respostas obvias.

Polos elementos que foron facilitados nos capítulos anteriores, acreditamos que un xove galego ou portugués dispón de información suficiente para empregar os medios habitualmente usados do outro lado da fronteira. Sen embargo, o espacio europeo é moito máis amplo que a Euro - Rexión Galicia – Norte de Portugal e non é posible facillitar neste capítulo información en cantidade e calidade idénticas ás anteriores (recórdese que a Unión Europea estará constituída, a partir do mes de Maio, por 25 Estados Membros).

As/Os candidatas/os a un emprego noutro pais deben, antes de nada, ter a noción de que se trata dunha decisión que conleva aspectos moi particulares. Traballar noutro pais implica cambiar cara unha realidade cultural diferente, con diferentes hábitos de vida, unha lingua (ás veces) nova, por iso non sempre é doado acceder a un emprego que resposte ás expectativas creadas (por exemplo, a taxa de desemprego varia entre os diferentes países, non sendo por iso doado atopar un posto de traballo axeitado á formación ou experiencia profesional adquiridas).

Onde buscar emprego
Ferramentas a empregar