V. A BUSCA DE EMPREGO EN EUROPA | ![]() ![]() |
5.3. RECURSOS E FERRAMENTAS PARA A BUSCA DE EMPREGO | ![]() ![]() |
![]() ![]() |
|
5.3.1 Emprego nos servicios da Unión Europea Prácticas Profesionais O principio da mobilidade das/os traballadoras/es a que se fixo referencia na Introdución deste capítulo é particularmente sutil no que concerne ós servicios da Unión Europea. As ofertas de emprego están dirixidas a tódolos cidadáns da Unión Europea que, obviamente, reúnan as condicións específicas esixidas para o cargo, ademáis da formación académica e a experiencia profesional. Ó acceso ó emprego nas institucións comunitarias faise a través da publicación de aviso de recrutamento no Boletín Oficial das Comunidades (BOC), o que se pode acceder a través do portal de Internet da Unión Europea: http://www.europa.eu.int/eur-lex/ , ó igual que acontece cos empregos na administración pública tratados no capítulo anterior. As condicións de candidatura están descritas no mesmo aviso. Para completar esta información pódese consultar, ós enderezos de Internet do servicios relacionados co posto de traballo. Unha forma rápida e eficaz de consultar as ofertas dispoñibles, é a través do Gabinete de Selección de Persoal das Comunidades Europeas (EPSO), dispoñible na seguinte páxina web: http://www.europa.eu.int/epso/index_en.htm . Lamentablemente, este sitio só se atopa en inglés, francés e alemán, pero ten a particularidade, de permitir a presentación de candidaturas on-line. Ademáis das informacións nas fontes indicadas, é posible encontrar publicidade de ofertas de emprego noutros portais. O sitio de Internet www.eupraxis.com/JOBS/Jobs.htm , por exemplo, revélase como unha axuda importante. Neste enderezo, é posible atopar información básica gratuita, aínda que é necesario pagar para a obtención de información pormenorizada. É importante prestar atención ó feito de que ademáis da lingua materna, esíxese normalemente o dominio doutra lingua oficial da Unión, especialmente a lingua inglesa ou francesa. No caso das/os candidatas/os que queiran avaliar os seus coñecementos lingüísticos, recoméndase a realización dun cuestionario dispoñibel on-line en: www.europa.eu.int/epso/competitions/test_interactif_en.cfm . Prácticas Preprofesionais Como xa sabemos, a Unión Europea incentiva ás/ós xoves (particularmente con formación universitaria) a realizar prácticas preprofesionais fóra dos seus Estados de residencia. Para isto, como xa se dixo en capítulos anteriores , existe o Programa Leonardo Da Vinci, que pretende constituir un incentivo á mobilidade de xoves que busquen unha primeira experiencia no mercado de traballo. Comprometida en dar exemplo, a Unión Europea proporciona ás/ós xoves oportunidades de prácticas nos seus servicios, máis concretamente: Banco Central Europeo, en http://www.ecb.int/job/internships.htm Banco Europeo de Investimento http://www.eib.eu.int/jobs/ Comisión Europea, en http://www.europa.eu.int/comm/stages/index_en.htm Comité das Rexións, en http://www.cor.eu.int/pt/cont/cont_rec.html Comité Económico e Social Europeo, en http://www.esc.eu.int/pages/en/acs/trainees_en.htm Consello da Unión Europea, en http://ue.eu.int/trainee/default.asp?lang=pt Parlamento Europeo, en http://www.europarl.eu.int/stages/default.htm Servicios do Provedor de Xustiza Europeo, en http://www.euro-ombudsman.eu.int/trainee/en/default.htm Tribunal de Contas, en http://www.eca.eu.int/PO/menu.htm Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas, en http://www.curia.eu.int/pt/plan/main.htm#infos A duración das prácticas, os prazos de candidatura, as condicións de acesso e exercicio (por exemplo, bolsas de prácticas) son diferentes nas distintas institucións, polo que non é posible establecer un modelo único sendo, por esto necesario acceder á información específica en cada caso. |
|