V. A BUSCA DE EMPREGO EN EUROPA
5.3. RECURSOS E FERRAMENTAS PARA A BUSCA DE EMPREGO
208

Ferramentas a empregar

Cando un candidato se prepara para elaborar unha candidatura a un emprego, hai un conxunto básico de elementos dos que se debe prover, semellantes ós empregados na busca de emprego no seu país de orixe:

Curriculum vitae redactado na lingua do país onde se pretende traballar. A este respeto, recomendamos ás/ós candidatas/os empregar o modelo europeo que se amosa a continuación, xa que, naturalmente, e máis complicado saber cales son os modelos máis empregados nos diferentes países. Co propósito de axudar á mobilidade de candidatas/os a emprego a Comisión Europea publicou este modelo no ano 2002;

Traducción autentizada do título que certifica as cualificacións académicas;

Fotocopia de todos os documentos que certifican a(s) formación(s) obtida(s).

No caso de que a/o candidata/o sexa escollida/o para realizar as probas de selección, hai documentos que poden ser indispensables, tales como unha copia do Certificado de Nacemento, documento de identificativo válido, fotografias, ademáis da tarxeta sanitaria europea a efectos de cobertura de coidados de saúde.

Modelo de curriculum vitae
Modelo de curriculum vitae europeo