IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.2. XESTORES NO MERCADO LABORAL
160

O CURRÍCULUM VITAE

O Currículum Vitae é unha das técnicas máis importantes á hora de enfrontarse á busca de emprego, xa que constitúe a presentación da persoa. A elaboración do mesmo non é unha tarefa fácil, dado que pode abrir moitas portas pero tamén cerralas polo que é necesario confeccionalo reflexivamente e adicándolle o tempo necesario. O currículum é a primeira imaxe que se ofrece, a primeira información e a única que ata ese momento ten a empresa á que se trata de acceder. É un esquema da formación da/o candidata/o e da vida profesional e/ou laboral.

O Currículum cumpre unha dobre función:

-Dar información sobre a/o candidata/o

-Captar a atención e interese do empregador para posibilitar unha entrevista posterior.

O obxectivo básico que se busca o confeccionar ó currículum é a consecución dunha entrevista polo que se debe amosar que a candidatura é a máis axeitada ó posto que se ofrece. Para elo débese confeccionar o currículum especificamente para cada oferta adaptándoo ás características da empresa e ós requisitos de cada convocatoria, é dicir, compre adaptar o currículum a cada oferta laboral.

Existen varias formas de redactalo currículum, os máis empregados son os seguintes:

Currículum Cronóloxico
Currículum Cronolóxico Inverso
Currículum Funcional
Consellos á hora de redactalo currículum vitae