5.1 Introdución
O Tratado de Roma, que asinou a Comunidade Europea, modificado polo tratado de Amsterdán, establece o dereito a libre circulación de persoas, servicios e capitais dentro do territorio da actual Unión Europea.
No que se refire á libre circulación de traballadoras/es, é importante destacar que supón a abolición de toda discriminación derivada da nacionalidade das/os traballadoras/es no que concerne ó emprego, remuneración e ás restantes condicións de traballo. En concreto, isto significa que, por exemplo, os cidadáns teñen todo o dereito de responder a ofertas de emprego dentro do espacio europeo; desprazarse libremente para traballar nos territorios dos estados membros ; e residir nun dos estados membros para ocupar un posto de traballo nas mesmas circunstancias cas/os traballadoras/es nacionais.
Neste contexto, dedicamos este capítulo á busca de emprego en Europa, facendo especial fincapé no Xestor do Mercado Laboral a nivel europeo por un lado, e , por outro, facilitando algunhas pistas para unha busca eficaz de ofertas de traballo noutro estado membro que non é o de orixe da persoa demandante de emprego.
|