IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.2. XESTORES NO MERCADO LABORAL
163

Currículum Funcional

Este outro modelo de currículum agrúpase por bloques independentes, baixo unha denominación que facilite a lectura das distintas actividades ou funcións desenvolvidas. Deste xeito, acádase unha maior claridade permitindo centrar a atención na área a destacar. Este tipo de currículum resulta eficaz cando se pretende que pasen desapercibidos períodos de inactividade ou lagoas de información.