IV - A BUSCA DE EMPREGO | ![]() ![]() |
4.2. XESTORES NO MERCADO LABORAL | ![]() ![]() |
![]() ![]() |
|
Consellos á hora de redactalo currículum vitae: Non existe unha fórmula única de presentar ou elaborar un currículum pero si hai algunhas indicacións que é necesario ter en conta á hora de confeccionar un currículum: -Débese facer un currículum específico e adaptado a cada oferta de traballo á que se opte. -Débese empregar unha linguaxe clara e directa. -Non se deben escatimar medios para “adornar” o currículum, pódense usar medios como: subliñados, negriñas, xogar con distintos tipos de letras, marcar con liñas de separación,… Aínda que non se deben usar formatos demasiado orixinais, agás en ocasións moi concretas -E necesario prestar suma atención ás faltas de ortografía, acentos e signos de puntuación. -Débese coidar escrupulosamente a presentación, enviando sempre orixinais, salvo que as copias sexan dunha calidade extraordinaria. Ademais o currículum debe ser mecanografado a non ser que expresamente se pida manuscrito. -O currículum debe ser breve -Débese redactar un currículum defendible, tratar de asegurar cousas que non son de todo certas pode facer perdela credibilidade de todo o documento. -Se non se pide expresamente non se debe enviar a documentación acreditativa. A continuación preséntanse modelos de curriculum vitae. EXEMPLO 1. CURRÍCULUM CRONOLÓXICO |
|