IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.1. A BUSCA DE EMPREGO EN GALICIA
133

Convocatoria

Nunha convocatoria deben aparecer as seguintes informacións no relativo ás prazas que se ofertan:

-Número e características das prazas convocadas

-Centro de dependencia ós que se deben dirixir as instancias

-Condicións ou requisitos que deben reunir os candidatos

-Probas a realizar e, no seu caso, relación de méritos

-Temario esixido

-Designación do Tribunal cualificador, que se expón normalmente xunto ás listas de aspirantes admitidos ás probas

-Sistema de cualificación

-Programa que vai rexer as probas ou indicación do Boletín Oficial no que se teña publicado con anterioridade

-Prazo e lugar onde se pode recoller a instancia , así como a súa entrega