IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.1. A BUSCA DE EMPREGO EN GALICIA
134

Prazos

Os prazos para presentar as solicitudes soen ser 20 días hábiles (exclúe domingos e festivos) ou naturais (inclúe domingos e festivos). Unha vez concluído o prazo de entrega de instancias, iníciase outro período bastante variable para publicar a Resolución pola que se aproba a lista provisional de admitidos e un novo prazo de 10 días para presentar reclamacións.

Concluídas as probas de selección, procédese á súa calificación e posterior publicación das listas de aprobados nos boletíns que procedan, fixándose un prazo para presentar a documentación requirida ós aspirantes.