IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.1. A BUSCA DE EMPREGO EN GALICIA
132

Tipos de acceso

- Persoal Funcionario. Intégranse en Corpos de Escalas segundo as tarefas que desempeñen:

-Xerais: se desempeñan funcións que teñen que ver co exercicio da actividade administrativa

-Especiais: cando a función a desempeñar sexa dun determinado tipo de carreira ou profesión.

De acordo coa titulación específica, os Corpos e Escalas de funcionarios agrúpanse do seguinte xeito:

Grupo A.- Doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente.

Escala correspondente: Técnicos superiores.

Grupo B.- Enxeñeiro técnico, diplomado, arquitecto técnico, formación profesional de terceiro grao ou equivalente.

Escala correspondente: Corpo de xestión e técnicos medios.

Grupo C.- Bacharel, formación profesional de segundo grao ou equivalente.

Escala correspondente: Administrativos

Grupo D.- Graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

Escala correspondente: Auxiliares.

Grupo E.- Certificado de escolaridade.

Escala correspondente: Axentes e subalternos.

- Persoal laboral. Pode ser eventual ou fixo. A súa contratación acostuma a rexerse polo sistema de concurso ou concurso-oposición, e excepcionalmente por oposición. Son contratos acordes coa lexislación laboral, é dicir, nas mesmas condicións que calquera traballador da empresa privada. Tamén existe unha clasificación en función da titulación esixida, equivalente á referida ó persoal funcionario

- Persoal interino. Poden ser funcionarios ou persoal laboral. Teñen a función de cubrir transitoriamente un posto de traballo mentres que este se destina a un funcionario ou a persoal laboral fixo. Acostuman a cubrir baixas prolongadas ou excedencias de outro traballador, entre outros casos. A vinculación laboral do persoal interino finaliza cando a praza se ocupa definitivamente