- Tipos de probas:
Os postos de traballo adscritos a funcionarios proveranse de acordo ós seguintes procedementos:
-Concurso: constitúe o sistema normal de provisión e no que terán unicamente en conta os méritos esixidos na correspondente convocatoria, entre os que figurarán os axeitados ás características de cada posto de traballo, así como a posesión dun determinado grao persoal, a valoración do traballo desenvolvido, os cursos de formación e perfeccionamento superados e antigüidade.
-Libre designación: poderán cubrirse por este sistema aqueles que se determinen nas relacións de postos de traballo, en atención á natureza das súas funcións. Na Administración do Estado, nos seus Organismo Autónomos, así como en Entidades Xestoras e Servicios Comúns da Seguridade Social, solo poderán cubrirse por este sistema os postos de Subdirector Xeral, Delegados, e Directores Rexionais e Provinciais, Secretarías de Altos Cargos, así como aqueles outros de carácter directivo e de especial responsabilidade para os que así se determine nas relacións de postos de traballo.
-Oposición: Consiste na celebración de dúas ou máis probas de capacidade para determinar a aptitude dos aspirantes e fixar a orde de preferencia destes na selección
-Concurso oposición: trátase dunha combinación de oposición e concurso de méritos. Este sistema consta de dúas fases, de xeito que para a puntuación final contan os resultados da proba ou exame e tamén a formación e a experiencia acreditadas polo candidato.
|