IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.1. A BUSCA DE EMPREGO EN GALICIA
118

 A IDEA

Outro elemento importante á hora de montar unha empresa é a idea, xa que todo proxecto se desenvolve en torno a unha idea que xurde como consecuencia da detección dunha oportunidade de negocio. Para identificar as ideas podémonos basear no chamado “triángulo de creación de empresas” que describe como a maioría das/os emprendedoras/es xeran as súas ideas.

O significado do triángulo é que na creación de empresas soen producirse tres cousas: a partir dunha situación ( o traballo, unha viaxe, etc) os emprendedores identifican unha idea empresarial que levan a cabo mediante unha forma determinada (exercendo as súas propias habilidades, copiando, etc) e cun propósito moi claro (facer as cousas mellor que outros, satisfacer unha necesidade, etc)