IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.1. A BUSCA DE EMPREGO EN GALICIA
117

A/O EMPRESARIA/O

A/o empresaria/o emprendedor/ a é aquela persoa ou grupo de persoas que perciben unha oportunidade de crear unha empresa ou ofrecer un producto ou servicio e crean unha empresa para satisfacer a necesidade detectada. Hai unhas cualidades mínimas que unha persoa debe ter para poder ser empresaria/o:

-Confianza en si mesma/o

-Visión de futuro

-Orixinalidade

-Capacidade para asumir riscos

-Absoluta dedicación

-Capacidade de traballo e dirección dun equipo humano

Hai que ter en conta ademais das características propias dun mesmo, outros elementos importantes que hai que analizar antes de poñer en marcha unha empresa:

-Existencia ou necesidade do producto ou servicio

-Experiencia previa no sector

-Fontes de financiación

-Momento axeitado

-Axudas á creación de empresas por parte dos organismos públicos

-Rede de contactos por parte da/o empresaria/o para poñer en marcha o proxecto.