IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.1. A BUSCA DE EMPREGO EN GALICIA
119

O PLAN DE EMPRESA

Como se dixo no punto anterior todo proxecto de creación de empresa ten a súa orixe nunha idea que se plantexa unha ou varias persoas. A partir deste punto comeza un proceso no que as persoas emprendedoras deben analizar un conxunto de elementos ou factores, e o que se chama plan de empresa, este proceso evitará un mal plantexamento da idea empresarial, para elo antes de poñerse a redactar o documento do plan de empresa é necesario plantexarse as seguintes preguntas básicas:

-¿É necesario e útil o producto/servicio?

-¿Hai suficiente capacidade para levar a cabo o proxecto?

-¿Pódese vender o producto/servicio?

-¿É rentable o proxecto?

-¿Hai suficientes recursos para poñer en marcha o proxecto?

-¿Estamos preparados?

Unha vez contestadas estas preguntas procederase á redacción do documento do plan de empresa, este documento variará dun proxecto a outro e estará moi relacionado coa actividade a desenvolver, a dimensión do proxecto, e o volume de inversión a realizar. Debe ser sintético e claro e aínda que non se axusta a ningún modelo estándar, débense recoller aspectos como:

1.O emprendedor

Descrición do Currículo Vitae dos seus promotores e axeitación coa definición das características xerais do proxecto.

2. O producto servicio

Descrición detallada dos productos e/ou servicios que se pretende ofertar

3. Análise do mercado

Definición do mercado ó que se dirixe o producto ou servicio, así como as necesidades que se van a cubrir.

4. Definición do plan de marketing

- Política de producto

- Política de prezo

- Política de distribución

- Política de comunicación

5. Definición do plan de producción do producto ou de prestación do servicio

6. Recursos materiais necesarios e elección da ubicación do negocio

7. Recursos humanos necesarios e organización prevista

8. Financiación

- Necesidades económicas

- Fontes de financiación

- Plan financieiro

9. Aspectos legais

Unha vez que se define o plan de empresa, queda escoller a forma xurídica da empresa, esto influirá no desenvolvemento da actividade e terá consecuencias formais, legais, e tamén fiscais.

10. Calendario de execución

Definición do calendario de accións para a posta en marcha da empresa.