CONVENIOS DE COOPERACIÓN EDUCATIVA
A Universidade de Vigo, desde o Vicerrectorado e Relacións Institucionais e a través de Convenios de Cooperación Educativa, posibilita a realización de prácticas preprofesionais con empresas co obxecto de facilitar a preparación para o exercicio profesional das/os alumnas/os universitarias/os nas áreas operativas das empresas, para conseguir profesionais cunha visión real dos problemas, preparando a súa incorporación futura ó traballo dentro da sociedade.
|