CARACTERÍSTICAS XERAIS DAS PRÁCTICAS PREPROFESIONAIS DA UNIVERSIDADE DE VIGO
Non se inclúen nos planos de estudio das distintas titulacións da Universidade de Vigo, de modo xeral, agás naquelas que así o contemplen para o seu recoñecemento como créditos de libre elección.
Están destinadas a alumnas/os de primeiro e segundo ciclo da Universidade de Vigo que teñan superado a lo menos o 50% da carga lectiva da carreira, ou realizando o proxecto fin de carreira, nos casos en que este exista, pero sempre e en calquer caso en situación de alumna/o matriculada/o na Universidade de Vigo.
As súas condicións estarán determinadas ó abeiro do establecido no R.D. 1497/81, sobre programas de cooperación educativa, modificado polo R.D. 1845/94, o Convenio asinado para tal fin entre a Universidade de Vigo e a empresa/ institución.
A/o alumna/o pode acceder a estas prácticas respostando ás distintas convocatorias feitas públicas a través das Oficinas de Orientación ó Emprego da Universidade de Vigo.
A/o alumna/o bolseira/o estará cuberto durante a súa práctica por un seguro complementario ó seguro escolar, a través da Universidade de Vigo.
A empresa concederá a cada alumna/o seleccionada/o unha dotación económica mínima mensual preestablecida que a empresa deberá aportar á/ó bolseira/o en concepto de axuda ó estudio, con revisión anual desta cuantía.
Ó finalizar a práctica expedirase, por parte da empresa co visto e prace da Universidade, un certificado á/ó bolseira/o no que conste a especialidade e a área na que desenvolveu a práctica e as tarefas desempeñadas.
Na realización das prácticas poderanse establecer quendas rotativas con obxecto de que a/o alumna/o bolseira/o poida coñecer máis dunha área da empresa.
O período de prácticas non constitúe unha relación laboral entre o alumnado e a empresa, entidade ou institución.
* Se desexa realizar prácticas preprofesionais e eres estudiante da Universidade do Minho debes consultar o apartado “ stagios” desta publicación.
|