CARACTERÍSTICAS XERAIS DO PRACTICUM NA UNIVERSIDADE DE VIGO
Atópase incluído nos planos de estudios e é condición indispensable para a obtención do título.
Teñen dependencia tanto para a súa xestión, avaliación e cualificación, do centro universitario no que se cursan os estudios (escola ou facultade).
A súa duración é variable en función do establecido para cada titulación.
Para cada un dos centros participantes neste programa existirá unha Comisión Paritaria de Relacións Universidade-Institución, a cal celebrará as reunións que considere oportunas para avaliar o proceso formativo das/os alumnas/os e resolver as cuestións que xurdan no desenvolvemento dos programas, e como mínimo ó comezo e ó remate do período de prácticas.
O horario de prácticas será determinado pola Comisión, procurando a súa adaptación cos horarios lectivos para que as/os alumnas/os teñan maiores facilidades na súa formación conxunta.
Poderanse establecer quendas rotativas con obxecto de que as/os alumnas/os poidan coñecer máis dunha área da empresa ou Institución.
O período formativo non constitúe relación laboral entre os alumnos e a Institución.
A calificación obtida consta en Actas como outra materia do currículum.
|