1.2.4. Modificación das Condicións de Traballo
¿En que consiste o despedimento colectivo?
(Lei 11/1994; Art. 49 e 51 do E.T.; R.D.LX. 2/1995, Art. 24 e R.D. 43/1996)
Dáse cando a extinción dos contratos de traballo é por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción, cando nun período de noventa días, a extinción afecte polo menos a:
10 traballadores en empresas con menos de 100 traballadores
10% do persoal en empresas entre 100 e 300 traballadores
30 traballadores en empresas de 300 ou máis traballadores
Tramítase mediante un expediente de regulación de emprego. O procedemento do despedimento colectivo iníciao o empresario ou os traballadores mediante solicitude á autoridade laboral competente e a apertura simultánea dun período de consultas coa representación legal dos traballadores. A solicitude debe ir acompañada da documentación que acredite as causas que motivan o expediente.
|