I- Condicións de Emprego e Lexislación Laboral
1.2 - Condicións de Traballo
64


1.2.4. Modificación das Condicións de Traballo
¿Que é a extinción do contrato de traballo?
(Art. 49 e 57 E.T.; R.D. 43/1996; Lei 63/97; Lei 39/1999 e Lei 12/2001)
É a terminación da relación laboral entre a empresa e o traballador. As causas da extinción son:
– Mutuo acordo entre as partes
– Causas consignadas no contrato
– Terminación do tempo establecido para a realización da obra ou servizo
– Dimisión do traballador
– Morte, xubilación, incapacidade ou extinción da personalidade xurídica do contratante
– Forza maior
– Despedimento colectivo por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción
– Vontade do traballador con causa xustificada
– Despedimento disciplinario
– Causas obxectivas legalmente procedentes
– Morte, grande invalidez ou incapacidade permanente do traballador