I- Condicións de Emprego e Lexislación Laboral
1.2 - Condicións de Traballo
66


1.2.4. Modificación das Condicións de Traballo
¿En que consiste o despedimento disciplinario?
(R.D. 924/1982; art. 54 e 55 do E. T. e Lei 39/1999)
Prodúcese cando o contrato se extingue por decisión do empresario, mediante despedimento baseado en incumprimento grave e culpable da persoa traballadora. Considéranse incumprimentos graves os seguintes:
– Faltas repetidas e inxustificadas de asistencia ou puntualidade ó traballo.
– Indisciplina ou desobediencia no traballo
– Ofensas verbais ou físicas ó empresario ou ás persoas que traballan na empresa ou ós familiares que convivan con eles
– Transgresión da boa fe contractual, así como o abuso da confianza no desempeño do traballo
– Diminución continuada e voluntaria no rendemento do traballo normal ou pactado
– Embriaguez habitual ou toxicomanía se repercuten negativamente no traballo
O despedimento debe ser notificado por escrito (carta de despedimento) ó traballador, facendo constar os feitos que o motivan e a data na que producirá efectos.
Unha vez notificado o despedimento mediante a carta de despedimento, se o traballador non está de acordo coa decisión, ten un prazo de vinte días para actuar contra o despedimento da seguinte forma:
1. Fase de conciliación pola vía administrativa ante o Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC)
Fase de impugnación pola vía xudicial