I- Condicións de Emprego e Lexislación Laboral
1.2 - Condicións de Traballo
63


1.2.4. Modificación das Condicións de Traballo
¿Que é a suspensión do contrato de traballo?
(Arts. 45, 46, 47, 48 e 52 do E.T.; R.D. 43/1996; Lei 39/1999 e Lei 12/2001)
A suspensión do contrato de traballo é a interrupción temporal da prestación laboral sen quedar roto o vínculo contractual entre a empresa e a persoa traballadora. As causas da suspensión son:
– Mutuo acordo das partes
– As consignadas validamente no contrato
– Incapacidade temporal da persoa traballadora
– Maternidade ou paternidade
– Risco durante o embarazo da muller traballadora
– Adopción ou acollemento de menores de 6 anos
– Exercicio dun cargo público representativo
– Exercicio dun cargo de responsabilidade sindical de ámbito provincial ou superior
– Privación da liberdade da persoa traballadora, mentres non exista sentenza condenatoria
– Suspensión de soldo e emprego, por razóns disciplinarias
– Forza maior temporal
– Causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción
– Excedencia forzosa
– Polo exercicio do dereito de folga
– Peche legal da empresa
– Permiso de formación ou perfeccionamento profesional
– Suspensión do contrato por tres meses para que o traballador ou traballadora realice un curso de reconversión ou readaptación ás modificacións técnicas do seu posto de traballo
A suspensión dun contrato deixa sen efectos as obrigas de ambas as partes: traballar e remunerar o traballo.