I- Condicións de Emprego e Lexislación Laboral
1.2 - Condicións de Traballo
62


1.2.4. Modificación das Condicións de Traballo
¿Que é o desprazamento de traballadores no marco dunha prestación de servizos transnacional, por empresas establecidas en España?
(Lei 45/1999)
É cando unha empresa española despraza temporalmente os seus traballadores a outro Estado membro da Unión Europea ou a Estados signatarios do acordo sobre o Espazo Económico Europeo.
Garantiralles ós seus traballadores as condicións de traballo establecidas no lugar do desprazamento, sen prexuízo da aplicación de condicións de traballo máis favorables derivadas da lexislación aplicable ó seu contrato de traballo, nos convenios colectivos ou contratos individuais.
Os traballadores poden obter información ó respecto nos órganos de información competentes do Estado onde se produza o desprazamento e na Administración laboral española.