I- Condicións de Emprego e Lexislación Laboral
1.2 - Condicións de Traballo
59


1.2.3. A Xornada de Traballo
¿Que son os permisos retribuídos?
(L.O. 11/1985, art. 9; R.D.LX. 1/1995, art. 37.3; Lei 31/1995; Lei 39/99 e Lei 12/2001)
O traballador, tralo aviso e xustificación previos, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos seguintes motivos e por un tempo determinado:
1. Matrimonio: 15 días naturais.
2. Nacemento dun fillo ou falecemento, accidente ou enfermidade grave ou hospitalización de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 2 días naturais e 4 se necesita facer un desprazamento.
3. Traslado do domicilio: 1 día.
4. Para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo: polo tempo indispensable.
5. Os representantes sindicais que participen en comisións negociadoras de convenios colectivos: o tempo necesario para o adecuado exercicio do seu labor.
6. Para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto: o tempo indispensable.
7. As traballadoras, pola lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. Este permiso poderá substituírse voluntariamente por unha redución de xornada equivalente.
8. Os períodos utilizados polos membros do Comité e delegados de empresa, como crédito de horas mensuais para o desempeño das súas funcións.