I- Condicións de Emprego e Lexislación Laboral
1.2 - Condicións de Traballo
58


1.2.3. A Xornada de Traballo
¿Que son as festas laborais?
(Artigo 37 do E.T.)
Son os días do ano que son festas, non se traballan e teñen o carácter de retribuído e non recuperable.
O número máximo de festas laborais ó ano é de 14 días, dos cales dous son locais. En calquera caso, respectaranse como de ámbito nacional: a Natividade do Señor, o 1 de maio como Festa do Traballo e o 12 de outubro como Festa Nacional de España. Se as ditas datas cadran en domingo, o Goberno pode trasladalas ó luns seguinte.