I- Condicións de Emprego e Lexislación Laboral
1.2 - Condicións de Traballo
60


1.2.3. A Xornada de Traballo
¿Que son as vacacións anuais retribuídas?
(Artigo 38 do E.T.)
É o período de vacacións anuais non substituíble por compensación económica que se pacta por convenio colectivo ou contrato individual.
Non pode ser inferior a trinta días naturais en caso de xornada completa e mais no de que traballara durante un ano. Se o tempo traballado é inferior ó ano ou se a xornada é a tempo parcial, a duración das vacacións será a parte proporcional que corresponda segundo os días traballados no ano.
No caso de traballadores eventuais ou de temporada, cando as vacacións non as puideran gozar porque o período de actividade da empresa non coincide co gozo das vacacións, os traballadores percibirán canda o salario a parte proporcional correspondente ás vacacións.
O calendario de vacacións fíxase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle correspondan cunha antelación mínima de dous meses.