1.2.3. A Xornada de Traballo
¿Que é o traballo nocturno?
(Artigo 36 do E.T.)
O traballo nocturno é o que se leva a cabo entre as 10 da noite e as 6 da mañá. A xornada non poderá ser superior a oito horas diarias de termo medio, nun período de quince días. Quen realice traballo nocturno non poderá facer horas extras.
Ten unha retribución específica que se determina na negociación colectiva, excepto cando o salario se estableza atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza ou se acordara a compensación dese traballo por descansos.
|