1.2.3. A Xornada de Traballo
¿Que son as horas extraordinarias?
(Artigo 35 do E.T.)
Son as horas de traballo que se realizan sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo.
Abóanse economicamente ou compénsanse con descanso por pacto individual ou colectivo. A súa contía non pode ser inferior ó valor da hora ordinaria.
O máximo de horas extras que se poden realizar é de 80 ó ano. Non se computarán para estes efectos as compensadas mediante descanso dentro dos catro meses seguintes á súa realización.
|