1.2.3. A Xornada de Traballo
¿Que é o traballo a quendas?
(Artigo 36 do E.T.)
É toda forma de organización de traballo en equipo na cal os traballadores ocupan sucesivamente os mesmos postos de traballo de forma continua ou descontinua; isto implica para o traballador a necesidade de prestar os seus servizos en horas diferentes nun período determinado de días ou de semanas.
As empresas con procesos produtivos continuos, evitarán que ninguén estea máis de dúas semanas consecutivas na quenda de noite, salvo adscrición voluntaria.
|