I- Condicións de Emprego e Lexislación Laboral
1.2 - Condicións de Traballo
53


1.2.3. A Xornada de Traballo
¿Que é a xornada de traballo?
(Artigo 34 do E.T.)
A xornada de traballo é o tempo que dura ó día o desempeño da actividade laboral. Fíxase nos convenios colectivos ou contratos de traballo e non pode ser superior a corenta horas semanais de traballo efectivo de termo medio en cómputo anual.
O número de horas de traballo efectivo non pode ser superior a nove horas diarias, salvo que por convenio colectivo ou, de non o haber, por acordo entre a empresa e a representación dos traballadores, se estableza outra distribución, respectando, en todo caso, o descanso entre xornadas. Entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán como mínimo doce horas.
Se a xornada diaria continuada excede de seis horas, o descanso será como mínimo de quince minutos.