I- Condicións de Emprego e Lexislación Laboral
1.2 - Condicións de Traballo
39


1.2.1. O Contrato de Traballo

¿Cale é o obxecto dun contrato de obra ou servizo?
(Art. 15 do E.T. segundo a Lei 63/97 e a Lei 12/2001; R.D. 2720/98, do 18 de decembro [BOE do 8 de xaneiro de 1999] e art. 3.º da Lei 12/2001)
Ten por obxecto a realización de obras e servizos determinados dentro da actividade da empresa cunha execución, aínda que limitada no tempo, en principio de duración incerta. O contrato deberá formalizarse por escrito e a súa duración será a do tempo necesario para a execución da obra ou servizo. A xornada pode ser a tempo completo ou a tempo parcial.
Transfórmase en indefinido, salvo proba en contra que acredite a natureza temporal da prestación, cando: a duración do contrato é superior a un ano; se realizara en fraude de lei; non fose denunciado o seu remate, e por falta de alta na Seguridade Social superado o período de proba.
Se o contrato se formalizou a partir do 4 de marzo de 2001, cando se extinga o traballador terá dereito a recibir unha indemnización de contía equivalente á parte proporcional da cantidade que resultara de aboar oito días de salario por ano de servizo, ou a establecida, de ser o caso, na normativa específica que sexa aplicable.