1.2.1. O Contrato de Traballo
¿Cales son as características do contrato a tempo parcial?
(Art. 12 do E.T. segundo R.D. Lei 15/1998, do 27 de novembro [BOE do 28 de novembro] e Lei 12/2001)
O contrato de traballo entenderase subscrito a tempo parcial cando se acordara a prestación de servizos e durante un número de horas ó día, á semana, ó mes ou ó ano inferior á xornada dun traballador a tempo completo comparable. Deberá formalizarse por escrito, e nel figurará o número de horas ordinarias contratadas e a súa distribución. A xornada poderá realizarse de forma continuada ou partida.
A duración do contrato pode ser por tempo indefinido ou por duración determinada; neste último caso poderase acoller a calquera modalidade contractual, excepto os contratos de formación e de substitución por xubilación anticipada. Ademais, teñen a consideración de contratos a tempo parcial:
por tempo indefinido cando se realice para desenvolver traballos físicos e periódicos dentro do volume normal de actividade da empresa;
por duración determinada, que é o subscrito por un traballador que reduce a súa xornada e salario entre un 25% e un 85% reunindo os requisitos para acceder a unha pensión de xubilación ordinaria.
Os contratos a tempo parcial por tempo indefinido extinguiranse polas causas legalmente establecidas no artigo 49 do E.T. Os contratos a tempo parcial de duración determinada extinguiranse segundo o artigo 49.1 c do E.T. modificado polo artigo 3.1 da Lei 12/2001. Á finalización do contrato, agás nos de interinidade, inserción e prácticas, o traballador terá dereito a recibir unha indemnización de contía equivalente á parte proporcional da cantidade que resultara de aboar oito días de salario por ano de servizo, ou a establecida, de ser o caso, na normativa específica que sexa aplicable.
|