I- Condicións de Emprego e Lexislación Laboral
1.2 - Condicións de Traballo
36


1.2.1. O Contrato de Traballo

¿Cando se concerta un contrato para a formación?
(Art. 11 do E.T.; R.D. 488/98, do 27 de marzo [BOE do 9 de abril]; Orde do 14 de xullo de 1998 [BOE do 28 de xullo] e Resolución do 26 de outubro de 1998 [BOE do 8 de decembro])
Esta modalidade contractual poderá utilizarse só con persoas maiores de 16 anos e menores de 21 anos que carezan da titulación requirida para asinar un contrato en prácticas. Deberá formalizarse por escrito.
A duración non poderá ser inferior a seis meses nin superar os dous anos, salvo que se fixe por convenio outra duración que nunca podería exceder dos tres anos. Poderán acordarse ata dúas prórrogas cunha duración mínima de seis meses. A xornada será a tempo completo (sumando ó tempo de traballo o tempo dedicado a formación) e poderá establecerse un período de proba non superior a dous meses.