1.2.1. O Contrato de Traballo
¿Cal é o obxectivo do contrato de traballo para o fomento da contratación indefinida?
(Lei 12/2001)
Fomentar a contratación indefinida dos colectivos de traballadores en situación de desemprego.
O contrato poderá concertarse con traballadores e traballadoras inscritos nas oficinas de emprego que estean incluídos nalgúns dos seguintes grupos: persoas de 16 a 30 anos, mulleres desempregadas para traballos con pouca presenza feminina, persoas maiores de 45 anos, persoas con minusvalía e persoas desempregadas que leven seis meses inscritas ininterrompidamente como demandantes de emprego. Tamén poderá concertarse con aquelas persoas que xa estiveran empregadas na empresa cun contrato de duración determinada ou temporal.
O contrato formalizarase por tempo indefinido e por escrito no modelo oficial. A xornada pode ser a tempo completo ou a tempo parcial.
|