1.2.1. O Contrato de Traballo
¿Que é un contrato de traballo por tempo indefinido?
(Art. 15, R.D.LX. 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do E.T. [BOE 23/09/95] modificado pola Lei 12/2001, do 9 de xullo [BOE de 10 de xullo])
É un contrato no que non se establece límite de tempo á prestación dos servizos e que pode formalizarse verbalmente ou por escrito.
Adquirirán a condición de fixos, calquera que sexa a súa modalidade de contratación, os traballadores e traballadoras que non foran dados de alta na Seguridade Social, unha vez transcorrido o prazo igual ó que legalmente se fixara para o período de proba. Presumiranse por tempo indefinido os contratos temporais realizados en fraude de lei.
|