I- Condicións de Emprego e Lexislación Laboral
1.2 - Condicións de Traballo
29


1.2.1. O Contrato de Traballo

¿Como se formaliza un contrato?
(Artigo 8 do Estatuto de Traballadores, en diante E.T.)
Os contratos de traballo pódense formalizar por escrito ou de palabra. É obrigatorio facelo por escrito cando así o esixa unha disposición legal, e sempre nos seguintes contratos: prácticas, formación, realización dunha obra ou servizo determinado, a tempo parcial, fixo descontinuo e de relevo, a domicilio, os contratos por tempo determinado cunha duración superior a catro semanas e os concertados ós traballadores contratados en España ó servizo de empresas españolas no estranxeiro.
Cada parte poderá esixir que o contrato se formalice por escrito, en calquera momento da relación laboral.