1.2.1. O Contrato de Traballo
¿Que é un contrato de traballo?
O contrato de traballo é un acordo entre empresario e traballador polo que este se obriga a prestar determinados servizos por conta do empresario e baixo a súa dirección, a cambio dunha retribución.
Un contrato poden asinalo as persoas maiores de idade (18 anos), as menores de 18 anos legalmente emancipadas, as maiores de 16 e menores de 18 cando teñan autorización expresa dos seus proxenitores ou titores e as estranxeiras segundo a lexislación aplicable.
|