I- O MERCADO LABORAL EN GALICIA
1.1 - SECTORES PRODUCTIVOS RELEVANTES EN GALICIA
5

D) Complexo de actividades prioritarias da industria.

Dentro deste complexo podemos mencionar os seguintes subsectores:

- Automoción: A importancia estratéxica do sector da automoción basease no desenvolvemento potencial das industrias auxiliares que producen compoñentes utilizados na fabricación de automóbiles e que se sitúan na agrupación das chamadas funcións industriais e de apoio. O conglomerado industrial da automoción en Galicia está formado por empresas distribuídas da seguinte forma: ensambladuras, carroceirias, de compoñentes de sistemas, de bens de equipo e servicios auxiliares.

- Pedra natural: As industrias extractivas en Galicia son empresas nas que a actividade está ligada á boa calidade dun recurso natural. Fundamentalmente concéntrase en dous materiais granito e lousa. A extracción e transformación de minerais non metálicos reporta importantes ingresos para a economía galega.

- Téxtil – Confección: O sector téxtil e da confección galega combínase estratexicamente con avanzadas tecnoloxías de producción e importantes redes de distribución para cubrir de inmediato as esixencias do mercado.
Outras características que fan deste subsector actividade prioritaria en Galicia son as seguintes: capacidade de exportación e proxección cara mercados exteriores, desenvolvemento de deseño, producción e loxística ou redes de puntos finais de venta, e a súa capacidade de creación de emprego.