I- O MERCADO LABORAL EN GALICIA
1.1 - SECTORES PRODUCTIVOS RELEVANTES EN GALICIA
6

E) Complexo do Turismo, Loxística e Servicios ás Empresas.

Dentro deste complexo distínguense os seguintes subsectores:

- Turismo: As novas formas de turismo relacionadas coa paisaxe e os espacios naturais, así como as que se derivan do turismo urbano son as modalidades con crecemento máis expansivo. Neste momento, trátase de fomentar e promover un concepto de “turismo atlántico”, onde se revaloricen os importantes activos dispoñibles.

- Telecomunicacións: As telecomunicacións constitúen unha das ferramentas fundamentais no desenvolvemento de calquera actividade empresarial, facilitando o intercambio de información entre os membros da mesma e entre estes e o entorno. As tecnoloxías da información e as comunicacións modernas representan, pois, un sector de gran importancia.

- Servicios avanzados ás empresas: Os sectores que explican o crecemento do sector servicios son os servicios públicos e os servicios comerciais, cun importante crecemento de hostalería e restaurante.