I- O MERCADO LABORAL EN GALICIA
1.1 - SECTORES PRODUCTIVOS RELEVANTES EN GALICIA
4

C) Complexo mar/industria

O sector pesqueiro en Galicia ocupa unha posición de primeiro rango dentro de España e da Unión Europea e o seu peso relativo queda reforzado polos efectos de arrastre e encadeamentos co conxunto da economía. Está integrado pola pesca, marisqueo e acuicultura como soporte da industria de conservas e conxelados de peixe e de parte da construcción naval orientada á construcción, reparación e mantemento de buques de pesca. A estas actividades hai que engadir o papel do complexo na loxística de distribución de productos de pesca importados ó resto de España.

Podemos destacar deste complexo mar/industria os seguintes subsectores de carácter industrial:


- Productos conxelados: Galicia é un dos lugares máis competitivos a nivel nacional e europeo dado a capacidade da súa flota pesqueira, a alta cualificación profesional existente e a capacidade loxística, de almacenamento e de distribución dos productos.

- Construcción naval: Nesta parte da Península de situación estratéxica para esta actividade industrial, concéntranse estaleiros de grande e cualificada producción. Así, os estaleiros galegos están capacitados para todo tipo de construccións: buques de pesca, deportivos, plataformas off-shore, etc.