V. A BUSCA DE EMPREGO EN EUROPA
5.2. XESTORES DO MERCADO LABORAL: A REDE EURES
202

5.2 Xestores do Mercado Laboral: a Rede EURES

A Rede EURES (Servicios de Emprego Europeos) reúne á Comisión Europea e os servicios públicos de emprego do Espacio Económico Europeo (EEE) e de Suiza. Asume como principal obxetivo “ ofrecer servicios que beneficien a traballadoras/es e empregadoras/es, así como a calquer cidadán que pretenda beneficiarse do principio da libre circulación de persoas”. Para isto, poden sintetizarse os servicios prestados en: información, asesoramento e recrutamento/colocación.

Os servicios postos a disposición pola Rede están garantizados por medio dos chamados Conselleiros EURES. Trátase de técnicas/os especializados no mercado laboral que posúen unha formación específica en materia de empregabilidade no territorio europeo. Estas/es Conselleiras/es poden atoparse nos Servicios Públicos de Emprego dos Estados aderidos á Rede, así como en institucións parceiras (por exemplo, organizacións sindicais e empresariais). Para saber cal é a/o Conselleira/o máis próximo pódese facer unha pesquisa no seguinte portal:

http://europa.eu.int/eures/index.jsp