V. A BUSCA DE EMPREGO EN EUROPA
5.2. XESTORES DO MERCADO LABORAL: A REDE EURES
203

5.2.1 EURES Transfronteirizo Galicia – Norte de Portugal

No contexto da mobilidade internacional de traballadoras/es, os espacios transfronteirizos posúen características específicas que xustifican por sí soas a creación de organizacións cuio obxectivo , por excelência, é dar resposta á mobilidade de traballadoras/es (e non só) nese espacios. Deste xeito, foron creadas máis de 20 organizacións parcerias transfronteirizas que, encadradas na Rede EURES, prestan un conxunto de servicios pensados nas necesidades das persoas desas rexións.

No caso da Euro-Rexión Galicia – Norte de Portugal, creóuse o EURES Transfronteirizo Galicia – Norte de Portugal, unha organización que reúne un partenariado de organizacións dambolos dous países con intereses específicos en materia de mobilidade e cooperación transfronteiriza, e que pretende servir aqueles que, residindo nun ou noutro lado da fronteira, pretendan obter información detallada sobre as características do mercado de traballo, do outro lado da mesma.

Co fin de levar a cabo a súa misión, o EURES Transfronteirizo conta coa colaboración de Conselleiras/os que, ademáis dunha formación en materia da libre circulación de persoas no espacio europeo, posúen coñecementos específicos acerca do espacio transfronteirizo de referencia en materiais tan diferentes como esenciais, tales como fiscalidade, seguridade social, educación, aceso ó emprego, condicións de vida, etc.

Para mais información, visite: www.eures-norteportugal-galicia.org