IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.2. XESTORES NO MERCADO LABORAL
200
MODALIDADES DE CONTRATOS DE TRABALLO
12. OUTROS CONTRATOS DE TRABALLO
CONTRATOS DE TRABALLO A DOMICILIO
Definición /Obxecto O contrato de traballo a domicilio é aquel no que a prestación da actividade laboral se realiza no domicilio do/a traballador/a ou no lugar libremente escollido por este e sen a vixilancia da/o empresaria/o
Normativa R.D. Lexislativo 1/1995 de 24 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE de 29 de marzo)
Máis información www.inem.es/ciudadano/p_empleo2.html
CONTRATO DE TRABALLO EN GRUPO
Definición/Obxecto O contrato de traballo en grupo é contrato de traballo celebrado entre a/o empresaria/o e a/o xefa/e dun grupo de traballadoras/es considerado na súa totalidade, non tendo a/o empresaria/o fronte a cada un dos membros do grupo os dereitos e deberes que como tal lle competen
Normativa R.D. Lexislativo 1/1995 de 24 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE de 29 de marzo)
Máis información www.inem.es/ciudadano/p_empleo2.html

Para máis información sobre as condicións de vida e de traballo na Euro- Rexión Galicia – Norte de Portugal, pódese consultar o seguinte enderezo: http://www.eures-norteportugal-galicia.org/html/ga/eures/cd01.html