II - FORMACIÓN UNIVERSITARIA
2.1. FORMACIÓN UNIVERSITARIA NA UNIVERSIDADE DE VIGO
19

ACCESO A SEGUNDOS CICLOS (PASARELAS).- As pasarelas son a posibilidade de acceder dende unha titulación universitaria de 1º ciclo (diplomatura, arquitectura técnica, enxeñería técnica) ou dende o 1º ciclo dunha titulación universitaria de 1º e 2º ciclo (licenciatura, enxeñería, arquitectura) ó 2º ciclo dunha titulación de 1º e 2º ciclo ou a unha de só 2º ciclo.

Se o 1º ciclo realizado coincide basicamente cos estudios de 2º ciclo que se queren cursar, o acceso é directo. Cando existen diferencias, son necesarios uns complementos de formación, que poden cursarse simultaneamente coas ensinanzas de 1º ciclo, ou simultaneamente coas ensinanzas de 2º ciclo, coas restriccións que impoñan os seus plans de estudios.