IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.2. XESTORES NO MERCADO LABORAL
183

A formalización do contrato de traballo

O contrato de traballo pode formalizarse por escrito ou de palabra. É obrigatorio por escrito cando así o esixa unha disposición legal, e sempre nos contratos que se relacionan:

-Prácticas

-Formación

-Para a realización dunha obra ou servicio determinado

-A tempo parcial, fixo, descontinuo ou de relevo

-A domicilio

-Traballadoras/es contratadas/os ó servicio de empresas españolas no estranxeiro

-Os contratos por tempo determinado, cuia duración sexa superior a catro semanas.

Cada unha das partes poderá esixir que o contrato se celebre por escrito, en calquer momento da relación laboral. De non formalizar o contrato por escrito, presumirase celebrado a xornada completa e por tempo indefinido, salvo que se probe a súa natureza temporal ou o carácter a tempo parcial dos servicios.