IV - A BUSCA DE EMPREGO
4.2. XESTORES NO MERCADO LABORAL
182

¿Quen pode subscribilo?

O/a traballador/a

- As/os maiores de idade (18 anos)

- As/os maiores de 18 anos legalmente emancipadas/os

- Maiores de 16 e menores 18 se teñan autorización dos pais ou de quen os teña ó seu cargo. Se viven de forma independente, co consentimento expreso ou tácito dos pais ou titores.

- As/os estranxeiras/os dacordo coa lexislación que lles sexa aplicable

A/o empresaria/o

- É a persoa por cuia conta e baixo cuia dirección o/a traballador/a vai prestar os seus servicios.

- Pode ser unha persoa física, empresaria/o individual ou pode ser unha persoa xurídica como as sociedades (anónimas, limitadas, civís). No caso de tratarse dunha sociedade ou doutra persoa xurídica, esta sempre estará representada por unha persoa individual que é coa que se vai a celebrar o contrato.